11 decembro 2017
Concurso de debuxo da natureza
Hai unhas semanas os alumnos de Debuxo Artístico de 2º de BAC participaron, da man das súas profesoras María e Mariam, no V Certame de Debuxo da Natureza "Vida silvestre no Encoro de Cecebre Auga e Vida", convocado polo Grupo Naturalista Hábitat e Emalcsa.

Maila que non viñeron cun premio debaixo do brazo, queremos felicitar ás nosas alumnas polos catro traballos seleccionados dentro dos dez mellores debuxos na categoría de maiores de 14 anos. Segundo os convocantes do concurso "este ano a selección foi especialmente difícil". Así que parabéns a:
  • Cristina Fariña
  • Melissa Delgadillo
  • Blanca Orro
  • Candela Avendaño
e ás súas profesoras!

Próximamente formarán parte dunha exposición e elaborarán con eles un calendario temático. E por aquí manterémosvos informados.




04 decembro 2017
Concurso de marcapáxinas


Un ano máis, o Departamento de Galego e o Equipo de dinamización da Lingua Galega retomamos a tradición de convocar un concurso para elaborar marcador de libros.

Xa teredes visto nas vosas aulas un cartel coas bases, pero imos recordárvolas por aquí tamén:

  • Tema: a dinamización do uso do galego.
  • Técnica: libre. A dúas cores, ademáis do branco e o negro.
  • Medidas: 18 x 5 cm
  • Data de entrega: luns 11 de decembro
Poderá presentarse calquer alumno matriculado e haberá premios para dous niveis, ESO e BAC, que recibirán unha tarxeta regalo por valor de 25€.
Podedes entregarllo, co voso nome e curso escrito por detrás, a calquer profesor/a do Departamento de Galego ou de Artes Plásticas.

Animádevos a participar!

Recordade tamén que ata mañá ainda estades a tempo de participar no concurso de postais de Nadal da Biblioteca.


Obras de Alba Morán Martínez e Fabiola Quintela Barba (cuso 2015-2016)
 


01 decembro 2017
Cabazas premiadas no Samaín 2017

Categoría ESO

Nerea Castro Alonso          3º ESO B
Alberto Fernández López   1º ESO A
Diego Montaña Pais           1º ESO A


Categoría Bacharelato

Melissa Delgadillo Lucero   2º BAC E
Isabel Juncal Romaní           1º BAC D


 Parabéns aos premiados e grazas por participar.



10 novembro 2017
CONCURSO - EXPOSICIÓN CABAZAS SAMAÍN 2017

https://photos.google.com/share/AF1QipMf2qlm3NPsEJpaymek8UM5dFatynrQRxGfS4SvprwHGK3hKwvEDK2VTek7oic3RA?key=SjJBaE9sS2F4SWtRV0NUX3d3WFhRWEpoNWZZYmNn

https://photos.google.com/share/AF1QipMf2qlm3NPsEJpaymek8UM5dFatynrQRxGfS4SvprwHGK3hKwvEDK2VTek7oic3RA?key=SjJBaE9sS2F4SWtRV0NUX3d3WFhRWEpoNWZZYmNn

Máis fotos pinchando nas imaxes

Durante a primeira semana de novembro poidemos observar a creatividade do noso alumnado a través da exposición que estivo na entrada do Instituto.

O Equipo de Dinamización Lingüística quere agradecer a participación e colaboración de todos os alumnos e do profesorado nesta actividade que cada ano ten máis participantes.

Poidemos ver cabazas e cabaciñas de todo tipo e formas, cada cal máis orixinal e creativa e así a modiño recuperar unha tradición galega. 
 
Para o próximo ano máis e con máis medo!!!!!

ENDL

30 outubro 2017
Inktober 2017
O Inktober é unha iniciativa iniciada en 2009 polo ilustrador Jakeparker, que consiste en facer 31 debuxos a tinta, un por cada día de octubro e subilos á rede coa etiqueta (hashtag) #Inktober. Na proposta orixinal só podía facerse a tinta, sen embargo moitos artistas tamén engaden cor.

Existe unha lista oficial de temas para debuxar, pero cada artista decide si seguila ou non e mesmo crear outra.

Este ano decidimos sumarnos á iniciativa e compartir os nosos debuxos nas nosas contas de Instagram @violeta.jpg e @anxosketch

Anxo e Violeta, 2º Bac D




28 outubro 2017
SEMANA BRANCA ANDORRA 2016/17


Seguindo co tema da preparación da Semana Branca deste curso, hoxe deixámosvos cun vídeo que recolle os mellores momentos da viaxe do curso pasado á estación de esquí de Grandvalira, en Andorra.

Desfrutádeo!



27 outubro 2017
EDUCACIÓN FÍSICA 2016/17


Hoxe queremos compartir con vos algunhas imaxes do que fixemos en Educación Física durante o curso pasado.


25 outubro 2017
PLANIFICANDO A SEMANA BRANCA 2018



A continuación podedes ver a presentación informativa da viaxe a Andorra que estamos organizando para a actividade da Semana Branca deste curso:

18 outubro 2017
IMOS EN CABEZA
A nosa compañeira e profesora de Educación Física, Pilar, levou ao equipo de Adormideras ao máis alto da clasificación no torneo de fútbol Intercentros. Que siga así!