Hai 3 días
Onte, dia 13 fomos ao Museo Militar cos alumnos de 1º ESO. Mostráronnos varias salas con exposicións de distintas armas , condecoracóns militares... Os alumnos xogaron con xogos interactivos e tamén tocaton o tambor e vimos unha maqueta da batalla de Elviña moi interesante. Despois agasalláronnos cuns chaveiros e agora estamos facendo unhas fichas moi interesantes sobre todo o que nos explicaron alí. A orientadora
16.11.06
No comentarios
Este ano comezamos un plan experimental, no que se nos imparte a asignatura de Ciencias da Natureza só en inglés. Ao principio resultábanos un pouco difícil, pero agora, a verdade, xa nos imos afacendo. De todas formas hai que facer un esforzo extra, para entender ben a asignatura . O profesor que nos imparte a materia é José Luis Sánchez Zas , só nos fala en inglés posto que é un plan de inmersión lingüística; incluso nos corredores nos fala nesta lingua. Pouco a pouco imos entendendo mellor e xa estamos moi habituados á asignatura.
6.11.06
No comentarios