Actividades que teñen lugar dentro e fóra do I.E.S. Plurilingüe Adormideras, o centro na prensa, noticias sobre alumnos e exalumnos e moito máis...
Los alumnos del practicum (Brais, Brandán y Arturo) de la facultad de Ciencias del Deporte y Educación Fïsica, han realizado unas sesiones teórico prácticas de reanimación cardio respirataria, durante las clases (E.F.) de bachillerato.
Los apuntes se podrán obtener en breve a través de la web del Instituto.
Á atención dos pais/nais do alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Estimados pais: Debido á proximidade de solicitude de praza para o curso 2007-2008 do seu fillo/a, lembrámoslles que de acordo coa lexislación vixente, os pais dos alumnos teñen dereito á elección de Centro. Polo tanto, aínda que o colexio do seu fillo non sexa un colexio adscrito ao Instituto Adormideras, non hai impedimento na solicitude de praza neste Centro, se así se desexa. Sendo conscientes da importancia da decisión que os pais teñen que tomar para elixir o Centro que resulte máis axeitado na educación e formación cultural do seu fillo, o Instituto Adormideras invítaos a visitar as instalacións e a informarse do seu sistema educativo. Invitámolos a achegarse ao Instituto o luns 26 de febreiro ás 17 horas da tarde. Os luns pola tarde o noso Centro imparte clases de ESO e Bacharelato, pola que consideramos que é unha boa oportunidade para ver o seu funcionamento. Evidentemente sería interesante que os seus fillos tamén acudisen. Non obstante, de non ser posible este horario, poderiámolos atender noutro momento.(O horario do instituto é de 8,45- 14,25 pola mañá, pola tarde de 16,30- 18,10.) Dada a importancia da información a facilitar , e independentemente do instituto no que pensen solicitar praza , agardamos que se acheguen ao noso Centro. Atentamente e agardando a súa visita A Coruña, 3 de febreiro do 2007 O DIRECTOR Asdo: Carlos Pérez Valcárcel
O luns , día 12 de febreiro inaugurase a exposición " Mitoloxía e arte: as sereas" ás 18,15 horas.
Os traballos están realizados por alumnos de 2º Bacharelato, baixo o supervisión da profesora Luisa García Berrios. A exposición está aberta ao público que se desexe achegar a vela na sala de exposicións do centro. O horario de visita é de 8,45 a 14,25 ola mañá e os luns pola tarde de 16, 30 a 18,10.