- CURSOS
3º ESO
MOTIVO
Visita ó periódico “El Ideal Gallego”
Pol. de Pocomaco, Parcela C 12 - 15190 A Coruña
Tel.: 981 173 040 / 7988 - Fax: 981 299 327
Correo-e: elidealgallego@elidealgallego.com
Web: http://www.elidealgallego.com/
DÍA
XOVES, 19 de MARZO
PROGRAMA
Horario: de 10,30 a 11,15 horas.
Saída en bus ás 10 horas.
PROFESORES
Dores Gómez e Mª Xosé González
ORZAMENTO
2,5 € para o transporte.
El Ideal Gallego é un xornal que se edita na Coruña desde 1917.
Subtítulado Diario católico, regionalista e independiente
Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co respaldo do arcebispo de Santiago, aparece o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica.
Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte.
Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho.
Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos".
En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".