Visto e non visto chegamos sen novidade á Granada. Deixámonos embruxar pola Alhambra e achegámonos á cultura árabe. A Alhambra é máis grande do que podiamos pensar, polo que as nosas pernas resentíronse un pouco. Pero unha boa cea dounos novas forzas e agora, as 11 da noite, xa non estamos canso e temos ganas de troula. A ver se podemos escapara da mirada dos "capitáns".
O hotel é fabuloso, cunhas habitacións máis grandes que un piso. E a cea... un buffet con máis de trinta pratos a escoller sen contar os postres! E mañá ¡ a esquiar! Xa vimos a neve de lonxe e está perfecta, pero iso....xa volo contaremos mañá. Até mañá.