Actividades que teñen lugar dentro e fóra do I.E.S. Plurilingüe Adormideras, o centro na prensa, noticias sobre alumnos e exalumnos e moito máis...
O libro de texto de Grego
de J.M.Bértolo, que foi profesor no IES Adormideras, é o libro máis
destacado na biblioteca do escritor Manolo Rivas (El País 24-9-2011)
Segue con nós, pero non se vede, xa que o seu lugar foi tomado polo reverso escuro: pola outra faciana do mural atopábase pintada a obra de Munch: “Noite de verán en Studenterlunden,” (1899), obra dos alumnos de Ana Pita. Trátase dunha paisaxe no que varias parellas sentadas en bancos fúndense en bicos e abrazos, que reflexa a nostalxia de Munch pola xuventude perdida.
Aquí estamos de nuevo, presentándonos y preparándonos física y mentalmente para un nuevo curso. La Voz de Galicia informa sobre las cifras de alumnado en Galicia y A Coruña. Nosotros somos unos 300, aunque esto no es Esparta.
A aula de Cultura Audiovisual renóvase coa instalación e canleado de vinte equipos portátis, que sustituíron xa o curso pasado os vellos e aparatosos ordenadores que había.
Con estes equipos as tarefas e posibilidades que se poden realizar serán máis e máis rápidas, especialmente pola conexión a Internet, e o espacio gaña en visibilidade e posibilidades didácticas.
Pasa a ser a aula de Informática II, aínda que manterá a súa condición de aula preferente para Cultura Audiovisual, xa que segue a ter materiais e espacios específicos desta materia.
Instalouse este verán no hall de entrada do IES Adormideras un mural de tema mariño, no que as ondas e un gran polbo, cabalgado por unha rapaza, crean ritmos circulares de gran atractivo visual.
Este orixinal traballo débese ás alumnas de 2ºC (2010-11) do bacharelato artístico, Lidia Cambón, Uxía Larrosa, Xulia Vicente e Raquel Yáñez.
Foron dirixidas pola profesora de Debuxo Artístico Mª Luisa García.