Presentación de "Vilamor"

por - 8.5.12

Con motivo da súa inminente estrea en A Coruña, chegou ao noso centro a "Caravana Vilamor".

O día 3 de maio, xoves, viñeron ao noso Instituto o director, Ignacio Vilar, e varios actores do filme Vilamor, para promocionar esta historia aos rapaces de 1º de Bacharelato e 4º da ESO. O acto foi organizado polo Departamento de Lingua Galega.

Houbo unha interesante presentación no Salón de Actos e despois, sesión de fotos no patio.

Tamén estivo V Televisión, que emitiu unha reportaxe sobre a película de título "Una historia de amor gallega para Cannes", con entrevistas ao director e actores, aínda que non localizamos nelas imaxes do IES Adormideras.

You May Also Like

0 comentarios


---