O luns, inauguración do mural adicado a Xapón

por - 8.3.13

O próximo luns, día 11 de marzo, aniversario do tsunami que arrasou as beiras de Xapón,  inaugurarase o mural adicado a conmemorar eses feitos que fixeron os alumnos do IES Adormideras en coulaboración con cerámicas do Castro (Sargadelos). No seu día recollimos neste blog a información sobre a creación do mural.

Irá unha cativa representación do Instituto e, ogallá que todos aqueles que participaron no mural se achegaran a Cabana de Bergantiños para ver o resultado.

Podedes ver máis información aparecida onte, na Voz de Galicia, neste enlace.

Xa informaremos da conmemoración, cando saibamos máis.

You May Also Like

0 comentarios


---