Actividades que teñen lugar dentro e fóra do I.E.S. Plurilingüe Adormideras, o centro na prensa, noticias sobre alumnos e exalumnos e moito máis...
Trouleamos a cachón no noso entroido de Adormideras. Disfraces orixinais e de todo tipo. Bombeiros, policías, médicos, hippys, personaxes de cómic, choqueiros variados... en fin, todo o que se agarda dun día de festa así. O concurso tampouco desilusionou, cadaquén fixo no escenario as súas mellores piruetas e grazas, diante dun serio xurado formado por un paiaso, un pirata e un serio hippy. De remate. bombóns para moitos e diversión para todos. O peor de todo, con diferenza, e que agora chega o tempo de reflexión, da seriedade, do xexún, e do estudo. Pero sempre nos quedará... O ENTROIDO DE ADORMIDERAS!!!