Hai 3 días
A montaxe da especial árbore de Nadal do noso centro ás veces é un traballo de risco.
Estade atentos se queredes ver máis imaxes do proceso. A árbore rematada podedes desfrutarla xa na entrada do instituto.
18.12.17
No comentarios
Hai unhas semanas os alumnos de Debuxo Artístico de 2º de BAC participaron, da man das súas profesoras María e Mariam, no V Certame de Debuxo da Natureza "Vida silvestre no Encoro de Cecebre Auga e Vida", convocado polo Grupo Naturalista Hábitat e Emalcsa.
Maila que non viñeron cun premio debaixo do brazo, queremos felicitar ás nosas alumnas polos catro traballos seleccionados dentro dos dez mellores debuxos na categoría de maiores de 14 anos. Segundo os convocantes do concurso "este ano a selección foi especialmente difícil". Así que parabéns a:

- Cristina Fariña
- Melissa Delgadillo
- Blanca Orro
- Candela Avendaño
e ás súas profesoras!
Próximamente formarán parte dunha exposición e elaborarán con eles un calendario temático. E por aquí manterémosvos informados.
Próximamente formarán parte dunha exposición e elaborarán con eles un calendario temático. E por aquí manterémosvos informados.
11.12.17
No comentarios
Un ano máis, o Departamento de Galego e o Equipo de dinamización da Lingua Galega retomamos a tradición de convocar un concurso para elaborar marcador de libros.
Xa teredes visto nas vosas aulas un cartel coas bases, pero imos recordárvolas por aquí tamén:
- Tema: a dinamización do uso do galego.
- Técnica: libre. A dúas cores, ademáis do branco e o negro.
- Medidas: 18 x 5 cm
- Data de entrega: luns 11 de decembro
Podedes entregarllo, co voso nome e curso escrito por detrás, a calquer profesor/a do Departamento de Galego ou de Artes Plásticas.
Animádevos a participar!
Recordade tamén que ata mañá ainda estades a tempo de participar no concurso de postais de Nadal da Biblioteca.
Recordade tamén que ata mañá ainda estades a tempo de participar no concurso de postais de Nadal da Biblioteca.
Obras de Alba Morán Martínez e Fabiola Quintela Barba (cuso 2015-2016)
4.12.17
No comentarios
Categoría ESO
Nerea Castro Alonso 3º ESO B
Alberto Fernández López 1º ESO A
Diego Montaña Pais 1º ESO A
Categoría Bacharelato
Melissa Delgadillo Lucero 2º BAC E
Isabel Juncal Romaní 1º BAC D
Parabéns aos premiados e grazas por participar.
1.12.17
No comentarios
Máis fotos pinchando nas imaxes
Durante a primeira semana de novembro poidemos observar a creatividade do noso alumnado a través da exposición que estivo na entrada do Instituto.
O Equipo de Dinamización Lingüística quere agradecer a participación e colaboración de todos os alumnos e do profesorado nesta actividade que cada ano ten máis participantes.
Poidemos ver cabazas e cabaciñas de todo tipo e formas, cada cal máis orixinal e creativa e así a modiño recuperar unha tradición galega.
Para o próximo ano máis e con máis medo!!!!!
ENDL
10.11.17
No comentarios
O Inktober é unha iniciativa iniciada en 2009 polo ilustrador Jakeparker, que consiste en facer 31 debuxos a tinta, un por cada día de octubro e subilos á rede coa etiqueta (hashtag) #Inktober. Na proposta orixinal só podía facerse a tinta, sen embargo moitos artistas tamén engaden cor.
Existe unha lista oficial de temas para debuxar, pero cada artista decide si seguila ou non e mesmo crear outra.
Este ano decidimos sumarnos á iniciativa e compartir os nosos debuxos nas nosas contas de Instagram @violeta.jpg e @anxosketch

Anxo e Violeta, 2º Bac D
30.10.17
No comentarios
Seguindo co tema da preparación da Semana Branca deste curso, hoxe deixámosvos cun vídeo que recolle os mellores momentos da viaxe do curso pasado á estación de esquí de Grandvalira, en Andorra.
Desfrutádeo!
28.10.17
No comentarios
Hoxe queremos compartir con vos algunhas imaxes do que fixemos en Educación Física durante o curso pasado.
27.10.17
No comentarios
A continuación podedes ver a presentación informativa da viaxe a Andorra que estamos organizando para a actividade da Semana Branca deste curso:
25.10.17
No comentarios
A nosa compañeira e profesora de Educación Física, Pilar, levou ao equipo de Adormideras ao máis alto da clasificación no torneo de fútbol Intercentros. Que siga así!
18.10.17
No comentarios
Esta
semana nos alegramos moito coa noticia da concesión do Premio
Extraordinario de Bacharelato da Xunta de Galicia ao noso ex-alumno, que rematou 2º de BAC o curso pasado,
Martín Otero Lema.
Un premio máis para o noso estimado Martín, despóis da medalla de plata que obtivo o curso pasado na fase nacional Olimpiada de Física.
Moitos parabéns!
Un premio máis para o noso estimado Martín, despóis da medalla de plata que obtivo o curso pasado na fase nacional Olimpiada de Física.
Moitos parabéns!
15.10.17
No comentarios
Desde hai un par de cursos o noso centro conta por fin cunha Asociación de nais e pais de alumnos (e alumnas). Desde a páxina principal do instituto podedes consultar as informacións de interese que publican, pero hoxe queremos tamén adicarlles esta entrada, para que non vos perdades ningunha das actividades que ofrecen.
Podedes contactar coa ANPA desde o email anpaadormideras@gmail.com e por Whatsupp ao nº 658653505. A cuota de asociados é gratuita.
Neste documento podedes consultar as actividades que ofrecen para o presente curso.
10.10.17
No comentarios
Aquí estamos, un curso máis no I.E.S. Plurilingüe Adormideras.
Benvidos a todos, os que nos reencontramos despóis do verán e sobre todo aos alumnos e profesores que chegades novos este curso.
Que teñades todos un curso moi feliz e proveitoso!
Benvidos a todos, os que nos reencontramos despóis do verán e sobre todo aos alumnos e profesores que chegades novos este curso.
Que teñades todos un curso moi feliz e proveitoso!
3.10.17
No comentarios
Outro ano máis celebramos no remate do curso a xa coñecida "FESTA MAPOULA". Este ano ademais cun numero especial xa que celebramos o 25 aniversario do Centro. Desde aquí queremos agradecer a todos aqueles que fixestes posible a revista: a xornalistas, colaboradores de todo tipo, lectores, intépretes musicais, técnicos de son, vendedores ... para que a publicación e presentación. fose un éxito.
Realizouse un presentación no salón de actos con actuacións musicais e apreveitouse ao mesmo tempo para realizar outra pequena homenaxe a Carlos Casares coa lectura do seu relato " A rapaza do circo", entregar os diplomas dos concursos do EDL: calendario- marcador, cabazas e concurso da portada da edición especial.
Mapoula deséxavos felices vacacións. ata o próximos curso
20.6.17
No comentarios
Serafín Marcos, polifacético artita noiés cada vez que se chega o mes de maio convértese no autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, polo tanto este ano transformouse en Carlos Casares mediante un monólogo no que fixo un percorrido pola vida e obra do autor. Dixo que lle resultara fácil crear a montaxe porque é un autor que se fai moi próximo pois os seus textos son fáciles de ler e moi bos.
Con esta estupenda obra de teatro representada no Centro o 29 de maio seguimos homenaxeando a Carlos Casares no seu ano das Letras Galegas
Con esta estupenda obra de teatro representada no Centro o 29 de maio seguimos homenaxeando a Carlos Casares no seu ano das Letras Galegas
20.6.17
No comentarios
O xoves 25 de maio estivo no noso centro Manuel Carlos Núñez Singala autor do libro Camiños na auga. Non era a primeira vez que estaba no noso instituto, xa hai algúns anos que tamén puidemos disfrutar da súa charla sobre o libro En galego,por que non?.
Núñez Singala sempre foi moi afeccionada á lectura, nos seus anos
de instituto comezou a escribir e estreou as súa primeiras obras de teatro.Máis tarde estuda Filoloxía Galega en Santiago e xa desde hai anos traballa no Servizo de Normalización Lingüística da Universidade.
É autor de numerosas obras teatrais, narrativas e ensaísticas.
O xoves veunos falar da obra Camiños na auga que os alumnos de 1º de bacharelato xa leramos.
A novela cóntanos a historia de Szymo,un rapaz que nace nun lugar moi pobre de África, albino, e como percorre miles de quilómetros na procura dun sitio onde a súa diferenza non poña en perigo a súa vida.
atención do libro.
20.6.17
No comentarios
O día 5 de xuño os alumnos de 4º da ESO de Latín asistimos á exposición Romanorumvita organizada pola fundación La Caixa.
Fixemos un extraordinario percorrido por unha cidade romana do século I, calzadas co seu paso de cebra, lavanderías , letrinas, grafittis, ánforas recolledoras de ouriños.....recreación dunha domus por dentro et cetera.
Toda unha experiencia auditiva, visual e mesmo olfativa!!!!.
A exposición pódese visitar na explanada de Riazor ata o 30 de xuño. Animádevos!!!

foto dunha letrina
16.6.17
No comentarios
Outras das actividades que se realizan no centro para celebrar o día das Letras Galegas son dúas exposicións: unha na Biblioteca para acercar a obra de Carlos Casares aos alumnos, outra sobre a súa vida, a súa traxectoria social e cultural, sobre esta última os alumnos fixeron un traballo de investigación.
30.5.17
No comentarios
O día 4 de maio estivo connosco a escritora Antía Yáñez para falarnos do seu libro O misterio de Portomarín. Explicounos a historia do encoro e por que sempre lle interesou este tema. Os alumnos de 1º e 2º ESO leron previamente esta novela, de modo que puideron preguntar os aspectos que lles resultaron máis interesantes e emocionantes. Ao final da charla a autora asinou exemplares a todos aqueles alumnos que quixeron
16.5.17
No comentarios
16.5.17
No comentarios
Este curso para celebrar o 25 aniversario do instituto, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso para ilustrar a portada de MAPOULA. Queremos dar a noraboa a todos os participantes e agradecer tamén a Montse Llamas, profesora de debuxo, pola súa implicación e colaboración nestas portadas.
A portada gañadora foi realizada por Violeta Moldes Rivas de 1º Bacharelato F. Dada a boa calidade dos traballos o xurado decidiu outorgar varios accésits. Con todas estas ilustracións hai unha bonita exposición na entrada do instituto.
4.5.17
No comentarios
Aparecemos na serie da TVG,
Serramoura, no capítulo 79, que foi emitido o pasado domingo, 30 de abril ás 22:00 horas.
Se tedes curiosidade, o noso despacho de Administración aparece en tres escenas dos minutos 31:50 a 33:24; 35:12 a 36:27, e finalmente 1:02:43 a 103:06.
E, por suposto, tamén nos nomean nos créditos.
Atentos para os próximos capítulos.